Ramón Piñeiro López naceu o 31 de xullo de 1915 en Láncara (Lugo) e finou en Compostela o 27 de agosto de 1990. Do seu pequeno pobo desprazouse ata Lugo para estudar o bacharelato. En 1932, ingresa nas Xuventudes do Partido Galeguista, coñecendo entón a Ramón Otero Pedrayo (1888-1976), Castelao e Alexandre Bóveda, e chegou a ser elexido secretario do Comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia, en 1936.
Loitou na guerra civil , e o remata-la guerra estudiou Filosofía e Letras; dende 1943 participou na reorganización do Partido Galeguista e foi detido en 1946 permañecendo tres anos na cadea; o sairen da cárcere voltaría a Santiago donde interviría na posterior disolución do Partido Galeguista.
En 1950 foi impulsor da fundación da Editoral Galaxia, que en pleno franquismo comezou a publicar libros en galego e sobre asuntos relacionados con Galicia. Piñeiro dirixiu a editorial e traballou nela atá 1966. Nese ano trásladase a Estados Unidos, como profesor invitado na Universidade de Middlebury, en Vermont.
O 25 de novembro de 1967 ingresa na Real Academia Galega.
Cando o restablecemento da democracia formou parte do primeiro Parlamento autonómico, como deputado pola provincia de A Coruña, como independente dentro das listas do Partido Socialista de Galicia-PSOE.
En 1983 convértese no primeiro Presidente do Consello da Cultura Galega, cargo que desempeñaría atá o seu pasamento.
En 1985 recibiu a Medalla Castelao.
O 11 de febreiro de 1993 o Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, firmou o decreto 25/1993 polo que se creaba o Centro de Investigaciones Lingüísticas y Literarias Ramón Piñeiro, institución que polo decreto 330/1997 pasou a denominarse, o 13 de novembro de 1997, como Centro Ramón Piñeiro para la Investigación en Humanidades.
As súas obras foron todas dun profundo pensamento filosófico que xiraba sempre ó redor do sentimento da saúdade:
"Significado metafísico da Saudade" (1951),
"A saudade en Rosalía" (1952), "Para unha filosofía de saudade" (1953).
"A Filosofía e o Home".
"Saudade e Sociedade".
"A Filosofía da Saudade".
En 1951 traduce ó galego con Celestino Fernández de la Vega, o "Cancioneiro da Poesía Céltica" de Julius Pokorny.
En 1956 publica en Galaxia a conferencia "Von Wessen der Wahrkeit" de Martin Heidegger baixo o título galego "Da esencia da verdade".
.
"Un pobo ten alma de seu cando posúe idioma, cando fala nunha lingua propia…..A lingua vén a ser a alma viva do pobo que fala…..
Velaiquí un tesouro, un ben…Nel están latexando, acochadas no ámago de cada palabra, as arelas, as emocións, as esperanzas, as tristuras, os pensamentos, as dúbidas…..a vida espiritual enteira de cantos o precederon".
A lingua, sangue do espírito.
Olladas de futuro (1974)