A Biblioteca
Municipal Os Rosales celebra este ano a VI Edición do Concurso de Contos, que
organizamos conxuntamente coa Asociación de Veciños.
Todo o equipo da
biblioteca cremos que a imaxinación, a fantasía e a capacidade de inventar
historias ben merecen unha festa, por iso levamos seis anos festexando, cunha
entrega de premios, que os nenos e nenas do barrio están cheos de talento.
E para conmemorar
esta gran festa da palabra como se
merece invitámosvos a formar parte do noso concurso de contos. De que forma
podedes facelo? Animando aos vosos alumnos a escribir contos, tanto
individualmente coma en grupo, formando parte do xurado do concurso e/ou
asistindo á entrega de premios que terá
lugar o 30 de Maio ás 18:30h.
Poderán participar
todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos,
repartidos nas seguientes categorías: -de 4 a 6 anos, -de 7 a 8, -de 9 a 11,
-de 12 a 14, -de 15 a 16, -creación colectiva e -formato audiovisual.
Os contos deberán
ser orixinais; non hai limite de follas e podrán estar manuscritos ou feitos no
ordenador. O tema é libre.
No caso de o formato
audiovisual deberá entregarse gravado nun DVD.
En cada traballo
terán que incluir os seguientes datos: NOME, APELIDOS, IDADE, TELÉFONO E
COLEXIO.
Os máis pequenos poderán presentar os seus contos
baseados en debuxos
ou imaxes.
En caso de que o conto sexa colectivo deberá incluir os
NOMES dos participantes, a CLASE á que pertencen, un TELÉFONO de contacto e o
COLEXIO.
A recollida dos traballos realizaráse na sala
infantil a partir do 28 de abril ata o
10 de maio.
Recordámosvos que na
Biblioteca estamos á vosa disposición para axudar co labor creativo, para que
os participantes poidan documentarse sobre algún tema, para encontrar ideas e
facer a presentación máis orixinal, etc.