05 abril 2014

VI Concurso de Contos Os Rosales 2014

A Biblioteca Municipal Os Rosales celebra este ano a VI Edición do Concurso de Contos, que organizamos conxuntamente coa Asociación de Veciños.

Todo o equipo da biblioteca cremos que a imaxinación, a fantasía e a capacidade de inventar historias ben merecen unha festa, por iso levamos seis anos festexando, cunha entrega de premios, que os nenos e nenas do barrio están cheos de talento.

E para conmemorar esta gran festa da palabra  como se merece invitámosvos a formar parte do noso concurso de contos. De que forma podedes facelo? Animando aos vosos alumnos a escribir contos, tanto individualmente coma en grupo, formando parte do xurado do concurso e/ou asistindo á entrega de premios que terá lugar o 30 de Maio ás 18:30h.

Poderán participar todos os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos, repartidos nas seguientes categorías: -de 4 a 6 anos, -de 7 a 8, -de 9 a 11, -de 12 a 14, -de 15 a 16, -creación colectiva e -formato audiovisual.

Os contos deberán ser orixinais; non hai limite de follas e podrán estar manuscritos ou feitos no ordenador. O tema é libre.

No caso de o formato audiovisual deberá entregarse gravado nun DVD.

En cada traballo terán que incluir os seguientes datos: NOME, APELIDOS, IDADE, TELÉFONO E COLEXIO.

Os  máis pequenos poderán presentar os  seus contos  baseados  en  debuxos  ou imaxes.

En caso de que o conto sexa colectivo deberá incluir os NOMES dos participantes, a CLASE á que pertencen, un TELÉFONO de contacto e o COLEXIO.

A recollida dos traballos realizaráse na sala infantil a partir do 28 de abril ata o 10 de maio. 



Recordámosvos que na Biblioteca estamos á vosa disposición para axudar co labor creativo, para que os participantes poidan documentarse sobre algún tema, para encontrar ideas e facer a presentación máis orixinal, etc.

No hay comentarios: