16 marzo 2009

Música en directo en Los Rosales


Teatro del Andamio, en colaboración coa Clínica Dental Pablo Varela, quérelles anunciar:

- Mércores 18 de marzo ás 20.45 horas na sala do "Teatro del Andamio" nos Rosales, actuará o cantante e percusionista Xabier Díaz, para interpretar as pezas do seu disco "Coplas para Icía", estará ademáis acompañado para elo por Pedro Lamas no saxo, e Suso Iglesias no acordeón.

- O custo das entradas é de 6 €, e o aforo está limitado a 50 prazas, polo que o concerto terá un ambiente moi cálido e íntimo. Os nenos menores de 9 anos que veñan acompañados por un adulto poderán entrar de balde, e terán un lugar especial diante dos músicos. As entradas poden reservarse de xeito anticipado no teléfono 981 129 392, e aquelas que non cheguen a venderse antes dese día estarán a dispor na taquilla do teatro desde media hora antes do concerto.


Na presentación do seu disco "Coplas para Icía" percorreu toda Galicia, Barcelona, Madrid, Pucela, Bilbao, Bos Aires, La Habana, México, Irlanda, Lima, Londres, Bruselas, Berlín, ofrecendo este concerto.
- Xabier Díaz (A Coruña, 1969), é músico e compositor. Compaxina ambas as dúas facetas profesionais cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Ao longo da súa carreira cómpre destacar numerosas colaboracións en proxectos discográficos e concertos, con diversos artistas e formacións como Berrogüetto, Luar na Lubre, Amancio Prada, Os Cempés, Marful, Nordestinas, Kepa Junquera ou Uxía.

Estará acompañado por Pedro Lamas (Cecebre, 1978), que conta cunha longa traxectoria no eido da música tradicional. Percusionista e gaiteiro, é esta última disciplina a que o fai erguerse arestora coma un dos máis salientábeis compositores e intérpretes do País.

Tamén o acompañará Suso Iglesias (Marín) que é acordeonista e terceiro pé deste proxecto. Titulado Superior de Acordeón polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid . Ten participado na Misa “Jazz Mass” composta e dirixida por Scott Stroman, dado Concertos didácticos coa “Orquesta Sinfónica de Galicia”, (2005) e composto música como a do documental sobre o cambio climático para o Centro de Estudios Mediambientais de Galicia, (2007).

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas a AA.VV. por publicar o aviso.

Tamén anunciarvos que xa está vendido/reservado o 85% do aforo, e que probablemente colgaremos o cartel de "Agotadas as localidades", xa que estamos recibindo moitas peticións estes días.

Recomendo non perderse este concerto, xa que ter ao actual cantante de Berrogüetto trovando a escasos metros de ti, é un privilexio que poucos poderan permitirse.

Como a proposta que patrocinamos está acadando o éxito que agardábamos, tentaremos de achegar próximamente novos grupos e propostas, en colaboración con Álvaro Guevara, e aproveitar o fantástico recuncho que el creou no seu pequeno pero acolledor teatriño.

Apertas, Pablo.

Alber dijo...

¡Magnífica noticia la de la respuesta del barrio con este lleno asegurado!.

Reconforta ver como el empecinamiento desinteresado de un vecino por traer a uno de los referentes actuales de la música gallega al barrio tiene su recompensa.

Bien por el apoyo de Alvaro y su (más bien nuestro ya) andamio, del propio Xabier Díaz por su buena predisposición y al blog del barrio por este último empujoncito.

Yo, por suerte tengo mis entradas a buen recaudo desde hace días y estoy convencido de que va a ser una noche muy especial

Anónimo dijo...

Lo importante de esto, es que estas iniciativas culturales tengan acogida en nuestro barrio.
Abre un mundo de posibilidades.. Qué lujo! tener un teatro lleno de creatividad entre nosotros.

Anónimo dijo...

¡magnífico concierto el del pasado miércoles! lleno total para disfrutar de hora y pico de música de la buena. Mucha gente del barrio y muchos niños que se lo pasaron muy bien.
a ver si tenemos suerte y ya que esta iniciativa ha salido tan bién volvemos a ver otras similares por este barrio.
ya podéis ver las primeras imágenes del conciertazo aquí