17 enero 2012

Canguros Municipales

Usuarios del servicio de canguros municipales nos hacen llegar el siguiente correo por el inminente cambio en las prestaciones del servicio. La Asociación de Vecinos de Los Rosales se pone a disposición de los ususarios de este servicio para todo lo que podamos ayudarles:
Somos unha parella residente en Os Rosales con dous fillos de 5 e 8 anos, usuarios habituais do servizo de Canguros Municipais, alicerce fundamental para conciliar a nosa vida laboral e familiar e a de tantas familias da nosa contorna e do que estamos altamente satisfeitos. E por iso polo que queremos facervos chegar a preocupación causada pola información que nos nos transmitiron verbalmente a varias familias no Servizo Municipal de Atención á Infancia, relativa a un “cambio” no funcionamento de devandito Servizo.

Ao parecer, a partir do próximo mes de febreiro, a localización deste servizo no noso barrio, que actualmente se presta nun amplo local do Centro Municipal de Emprego, trasladarase a outro do Centro Cívico de Labañou. A razóns esgrimidas, sempre de forma verbal, apelan a “maior operatividade do centro relacionada coa maior cantidade de liñas de autobuses coa que está conectado”.

A débil argumentación fainos supor que existen outros motivos dos que non estamos sendo informados, posiblemente relacionados con recortes orzamentarios nestas partidas, como xa se fixo coa reducción en 12 horas anuais no servizo de Canguros a Domicilio. É por isto  polo que queremos expor unha serie de razóns que, cremos, débense de ter en conta antes de realizar estas modificacións:

•    A situación do local permite o realizar actividades ao aire libre en contacto cunha contorna natural sen necesidade de recorrer a ningún medio de transporte.

•    A nova ubicación das instalacións implicarían aumentar o tempo nos desprazamentos á meirande parte dos usuarios de Os Rosales, O Portiño e San Pedro de Visma, facendo éstos menos cómodos e rápidos.

•    Non existe no Centro Cívico de Labañou ningún local de similares características ao actual (amplitude, acondicionamento e medidas de seguridade), polo que nos tememos que a calidade do servizo verase minguada e/ou que o número de prazas ofertadas reducirase.

•    O barrio de Os Rosales ten unha entidade e unhas características demográficas que xustifican este Servizo.

•    Dada a natureza do servizo, o Centro Municipal de Emprego é a primeira parada no desprazamentos ao centro de traballo -deixamos os nenos- e a última no traxecto inverso -recollémolos-. Tendo en conta que, moitos dos pais realizan o devandito traxecto e automóvil particular, é inmediato advertir un serio problema: o aparcadoiro. O Centro Municipal de Emprego dispón de prazas de aparcadoiro gratuítas; o estacionamento na zona do Centro Cívico de Labañou é un labor case imposible debido á saturación producida, ademais de polos residentes, polos usuarios do Centro de Saúde, Conservatorio, Escola Oficial de Idiomas e UNED. A nova localización, sen ningunha dúbida, engadirá un problema adicional á nosa vida cotiá.

•    As razóns aducidas, carentes de argumentación, non xustifican a modificación do funcionamento e  localización dun servizo con tan alto grado de satisfacción entre os seus usuarios que presta unha axuda insubstituíble en moitos casos.

Os afectados pola nova medida estamos empezando a coordinar medidas de protesta para que o sentido común se impoña e non se acrecente a brecha entre coruñeses de primeira e segunda categoría.

Grazas polo voso tempo.

2 comentarios:

Nines dijo...

Un poquito de aquí y otro poquito de allí se va recortando los servicios y asi al final no nos damos cuenta de que nos los quitan.

Eduardo dijo...

Si esto es cierto es una noticia lamentable. Es simple y llanamente quitar un servicio del barrio y llevárselo a otro (empeorando las condiciones del mismo por el camino)
He oído que hay en marcha una recogida de firmas así que no estaría de más unirse y tratar de evitarlo