07 noviembre 2009

Celebrando o Samhaín

No mundo celta Samhaín significa "fin do verán". Esa noite estaba relacionada moi directamente cos mortos, e crían que era unha porta abríndose ós vivos para que as ánimas dos finados volvesen a visitar ás familias.
O Samhaín celébrase o 31 de outubro ainda que nós, xunto co Centro Cívico e a Biblioteca fixémo-lo hoxe. Houbo unha grande animación e participación dos pequenos cun taller de maquillaxe terrorífico, unha mostra de libros de terror e unha película. E moito movemento do esqueleto, nunca mellor dito.
Ó final entregáronse os premios ós gañadores das tres millores cabazas. Tamén houbo un agarimo para os demáis partipantes xa que o verdadeiramente importante é participar. O primeiro premio acadárono Ian e Lara eiquí que os vemos nunha foto de familia. Noraboa.

No hay comentarios: