11 marzo 2009

Curso de Iniciación a la Astronomía



O Planetario da Casa das Ciencias organiza, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e a Agrupación Astronómica Io, un curso de iniciación á astronomía que se celebrará do 23 ao 26 de marzo.


En plena celebración do Ano Internacional da Astronomía, este curso práctico diríxese a persoas sen coñecementos previos na materia que desexen aprender a gozar da astronomía a simple vista. Os asistentes adquirirán coñecementos para recoñecer os planetas, estrelas e constelacións máis destacados, e interpretar os seus movementos no firmamento. Tamén se mostrará o uso de prismáticos e pequenos telescopios para descubrir obxectos de ceo profundo, sen esquecer unha referencia aos últimos achados científicos sobre o Universo. Se as condicións o permiten, o último día do curso realizarase unha saída nocturna para ver o firmamento.

Datas do curso: Del 23 ao 26 de marzo de 2009
Horario: de 19:30 a 21:30 horas
Lugar: Planetario da Casa das Ciencias, Parque de Santa Margarita. A Coruña
Inscrición: 40 EUR , 20 EUR en tarifa reducida (menores de 14 anos, maiores de 65, titulares do Carné Xoven, membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e da Agrupación Astronómica Ío).
(A inscrición inclúe todos os materiais do curso e unha Tarxeta Vente de acceso anual aos Museos Científicos Coruñeses).

Información e inscricións: Secretaría da Casa das Ciencias. Teléfono 981189 844.
Prazas limitadas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿Se apuntaron los concejales y el alcalde a este curso? seguro que estarían en su salsa, lo digo por aquello de que siempre están en la luna.