21 febrero 2014

Mulleres Colleiteiras

Ayer por la tarde mantuvimos una reunión con miembros de Arquitectos sin Fronteras, Asociación dedicada a proyectos de cooperación local, se trataba de un primer encuentro para darse a conocer y solicitar nuestra colaboración para tratar de que pueda instalarse en nuestro barrio, dicho proyecto nace con el nombre "Mulleres Colleiteiras" que ya funciona en otros barrios con una gran acogida y colaboración entre los vecinos. 

Os seguiremos informando con las novedades y puntos de recogida (contenedores naranjas).

"O obxectivo do proxecto é a creación dunha alternativa de autoemprego para mulleres en exclusión social vinculada á recollida e xestión do aceite doméstico vexetal (soia, xirasol e oliva) usado, para o seu posterior tratamento e utilización directa no ámbito local, logrando unha proposta eficiente na  xestión deste residuo, sensible e respectuosa co medioambiente.

Trátase de promover un proceso de normalización das actividades de xestión de residuos urbanos desenvolvidas pola poboación chabolista, nomeadamente de etnia xitana e cigana, durante os últimos anos de xeito informal e adaptala ao sector formal de autoemprego optimizando os seus rendementos.  Na actualidade as actividades de recollida de residuos, principalmente chatarra e cartón, se desenvolven de xeito informal, sendo obxecto incluso de sancións administrativas, carecendo dos permisos e condicións precisas, con falta de recursos e equipamento e cunha moi baixa rendibilidade e dignificación do traballo realizado.

Tralo traballo participativo e de empoderamento realizado coa poboación obxecto durante os dous últimos anos e ante a resposta recibida por parte das mulleres, considerouse a creación dunha alternativa de autoemprego dirixida exclusivamente ás mulleres, preténdendo utilizar esta premisa como medida de acción positiva para fomentar e motivar o emprego feminino.

Durante todo o proceso de creación da empresa, contarase coa implicación e participación da poboación obxecto dende a fase inicial, asistindo ás reunións informativas e de organización, así como as xornadas formativas de capacitación necesarias para levar a cabo a actividade. Preténdese con isto, construír conxuntamente unha iniciativa propia das mulleres traballadoras, cunha visión estratéxica e loxística adaptada ás súas competencias, co fin de que poidan apropiarse totalmente do proxecto e acadar así unha independencia."




No hay comentarios: