A
Biblioteca Municipal Os Rosales é unha das sedes da 2ª edición do Festival de Curtas "Por amor al arte", un festival que naceu sendo un concurso de curtametraxes de cine pero que se ten convertido en todo un evento cultural que
se desenvolve ao longo dunha semana chea de actividades artísticas na cidade.
O seu obxectivo fundamental é a exposición de novos talentos, serv¡ndo de escaparate das obras de arte que actualmente se están realizando. O festival ciméntase sobre colaboracións sen ánimo de lucro -de ahí o nome- tanto dos participantes como de empresas de ámbito privado, persoas afíns, institucións públicas e locais que se converten en sedes.
Son nove días, do 14 ao 22 de febreiro, nos que teñen cabida todo tipo de disciplinas e manifestacións artísticas: pintura, fotografía, teatro, música, maxia... e, por suposto, cine.
Programación na Biblioteca Os Rosales:
- "palabras, cámara, acción!... en corto". Obradoiro de produción de curtas para mozos/as (Alumnos do Obradoiro de Escritura Creativa)
- A maxia de Kiko Pastur. Espectáculo de maxia. Martes 18/02, 19:00 h.

- Dobre de curtas. Selección de curtas a concurso en 2 pases. Xoves 20/02, 18:00-20:30 h.
· 1º pase: Proxección de curtas de animación. 18:00 h. (Todos os públicos)
· 2º pase: Proxección de curtas. 19:00 h. (Público adulto)
A entrada ás actividades con público e libre ata completar aforo.
Deixámosvos coa conversa co Director do Festival, Pedro Morán:
No hay comentarios:
Publicar un comentario