O pasado decembro, a Anpa enviou un texto a diferentes medios de comunicación sobre o atraso nas obras de ampliación do centro, que xa acumulan un retardo de anos, aínda que foron anunciadas por última vez nun acto no colexio no mes de abril. Podedes velo na web do cole neste enlace.
A noticia foi publicada pola Opinión, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia e Radio Coruña Cadena Ser. O dito atraso foi denunciado tamén polo Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA) no Parlamento de Galicia, e polo BNG e EU-Os Verdes no Concello. (Toda a información no blogue, na etiqueta "Obras").
Ao día seguinte da aparición da noticia nos medios de comunicación, o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, anunciou que se estaban ultimando os trámites para a adxudicación das obras.
Pero xa transcorreron outros dous meses e as obras seguen sen comezar. Por iso, dende a ANPA Milnen@s queremos mostrar públicamente a nosa protesta polos continuos atrasos nesta obra.
Convocámosvos a unha concentración na porta do colexio de Primaria, o día 19 de febreiro ás 9.00, á hora de deixar @s nen@s no colexio.
Queremos que cumpran co prometido. Correde a voz!
Tod@s coas camisetas verdes!
1 comentario:
Vieja historia. Viejo Problema. Viejas promesas. Viejos inocentes. Nuevas elecciones.
Publicar un comentario