07 mayo 2013

Se regalan perros de raza.

Una vecina nos hace llegar este AVISO urgente que viene desde el Ayuntamiento de Muxía:

CRIADEIRO DE MUXÍA: SOLICITAMOS AXUDA URXENTE PARA NON TER QUE SACRIFICAR ÓS CANS

O criadeiro de cans de Muxía ten que pechar por problemas derivados da crise económica.

Todos estamos a vivir momentos moi complicados por mor da crise que afecta a tódolos niveis, pero cando os afectados son seres inocentes e indefensos faise máis inxusta e terrible. Este é o caso dos cans que temos no criadeiro de Muxía, que estaban sendo coidados para ir a vivir con familias que os quixeran levar. Pero, agora, é absolutamente irreversible o peche do criadeiro, e non temos recurso algún para garantir o futuro dos animais. Se non conseguimos acomodalos con persoas que os queiran termos que sacrificalos, con moita dor.

Apelamos ás persoas que aman os animais para que nos axuden a buscarlles un fogar. Seguro que hai persoas, ou familias que queiran recoller algún can; ou ao mellor vós non podedes, pero coñecedes xente á que lle gusten os cans. Os animais están ben coidados.
Axudádenos, non queremos ter que sacrificalos!

Teléfono 676-826056

Os animais dos que dispoñemos son:

• Unha parella de Golden Retriever de 8 anos
• Unha labrador femia de 8 anos
• Un sharpei de 6 anos
• Cinco Jack Russell machos de 3 anos
• Duas femias e un macho de Cavalier King Charles
• Duas femias cruce de Cocker e Jack Russell
• Tres femias Pastor Alemán de 6 anos e 9 anos
• Un Cócker de 9 anos
• Cinco femias de Jack Russell de 4 anos
• Duas femias e un macho Caniches de 4 ou 5 anos
 
Moitas gracias.
 

No hay comentarios: