15 abril 2013

MANIFESTACIÓN

MAÑÁ DÍA 16 DE ABRIL,

MANIFESTACIÓN 


A Coruña, 15 de abril de 2013
         Os pasados días 9 e 10 de abril a empresa Atento decidiu unilateralmente o despedimento de 142 traballadores no centro de traballo da Coruña, pertencentes ao servizo de Atención ao cliente de Empresas de Movistar e ao servizo CAT ADSL (atención técnica e avarías de banda ancha/Adsl dos clientes de Telefónica).
         A empresa alega una suposta diminución do volume de chamadas dos servizos, una mentira de sobra coñecida polos traballadores do sector nesta cidade. Ademais dos 142 despedimentos en Coruña, Atento despediu nos últimos días a outros 30 traballadores en Toledo e a 58 en Bilbao. Mentres despiden a máis de 200 traballadores, a empresa está facendo novos contratos noutros centros de traballo doutras provincias. A realidade é que Atento desvía as chamadas a outras plataformas ao su antollo, como sempre que quere desfacerse dun número importante de traballadores. Todo moi barato: con indemnizacións de 8 días por ano traballo.
         Antes nos despedían coa estratexia de deslocalizar o noso traballo a países onde contrataban máis barato. Tralas continuas protestas que traballadores e clientes emprendemos contra esta practica empresarial, as empresas de telecomunicacións e, neste caso, Telefónica, están mudando a súa política de atención aos usuarios co único fin de lavar a súa mala imaxe e captar máis clientes.
O obxectivo de Telefonica-Movistar é recuperar a confianza dos clientes vendéndolles a idea dunha maior calidade coa atención non só dende España senón dende centros xeograficamente próximos (dende cada comunidade, e mesmo a ser posible dende a mesma cidade). E para conseguilo non teñen ningún escrúpulo en –INNECESARIAMENTE E SEN CAUSA REAL- BOTAR Á RÚA A 142 TRABALLADORES EN CORUÑA.
Toda esta reestruturación territorial de Telefónica poderían levala a cabo con respecto cara os traballadores e de xeito racional, sen ningún despido nin outro tipo de medidas traumáticas. O que están demostrando é un absoluto desprezo polos traballadores de Atento Coruña, despedíndonos aquí para aumentar postos de traballo noutras provincias como Barcelona ou Madrid onde Atento medrará.
Non podemos permitir que se siga destruíndo emprego na Coruña, máis tratándose de empresas que, como Telefónica-Movistar e Atento, están podres de cartos a costa da explotación dos seus traballadores.

No hay comentarios: