06 febrero 2009

Programación da Concellería de Mocidade


Cine.


Este sábado 7 de febreiro chega Doraemon ao ciclo “12 pelis para os peques” .

O ciclo de cinema familiar “12 pelis para os peques” e unha iniciativa da Concellaría de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña en colaboración co Macuf e a Crtvg.

A finalidade deste ciclo de cinema e achegar o galego aos tempos de ocio dos máis novos, reforzando así o uso do galego no ambito familiar.

Terá lugar ás 18.00h na Sala de Cinema do Museo de Arte Contemporáneo UNIÓN FENOSA-MACUF (Avd. de Arteixo, 171, Agrela-Bens), proxectarase Doraemon e as mil e unha aventuras: Nesta ocasión, para sacar a Nobita do seu aborrecemento, Doraemon quitará do seu peto unhas zapatillas que lle permitirán somerxerse no fantástico mundo dos libros.

Esta é a primeira película de Doraemon feita para o cine e estrenouse nos cines galegos en 2001. Doraemon nace no 1970 da man de Fujilo F. Fujio, na revista nipona Korokoro.

A entrada é de balde até complentar aforo e o aparcamento é gratuito. Se prefire usar o transporte público a liña 11 ten unha parada diante do Macuf.


Marzo de Rol na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña.

Aprende e xoga ao ROL e as CARTAS DE ROL na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (R/ Durán Loriga 10) cos masters de Mangalego.
Actividade: Taller de xogos de rol e cartas de rol. Datas: Tódolos mércores de marzo ás 17:00 h. Lugar: Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil. Inscrición: no bloge http://www.fancómic.es/. Cumpre ser maior de 13 anos. Descripción: Xogos de Rol - Anima, Demonio, El rastro de Cthulhu... .... e moitos máis. Cartas de rol - Anima, Munchkin........entre outros.

No hay comentarios: