Nos envían por correo-e esta interesante información sobre la cantidad de comida que desperdiciamos. Si pinchas en la imagen te aparecerá una guía que todos/as deberíamos seguir aunque solo sea para bien de nuestros bolsillos
Pincha en la imagen para más información |
De cara a este Nadal, no que xa nos imos adentrando, queremos compartir con vós unha
guía para a redución de desperdicios de alimentos no fogar que leva por
nome “Coa comida non se xoga”. Con esta publicación queremos aportar o noso pequeno gran de area nese gran obxectivo
que é a concienciación cidadá en torno á necesidade de aproveitar ao
máximo as sobras de comidas e previr a xeración de residuos orgánicos.
Para isto apelamos ao consumo responsable, á planificación das nosas
compras, á necesidade de servir pequenas racións (sempre é mellor que os
comensais repitan), de aproveitar os restos de alimentos en forma de
novos menús, de procurar o correcto funcionamento do frigorífico e, por
suposto, de manter en orde a despensa para evitar que certos produtos
caduquen.
A
triste realidade é que desperdiciamos un terzo da comida que adquirimos
(os europeos arroxamos ao lixo 89 millóns de toneladas anuais de
comida, das cales preto de 8 corresponden a España); un comportamento
que non nos podemos permitir desde o punto de vista medioambiental, pero
tampouco moral e económico.
Confiando en poder contar coa vosa axuda e apoio, recibide un cordial saúdo.
Atentamente,
Presidente
Luis Lamas Novo
No hay comentarios:
Publicar un comentario