Na Biblioteca Municipal Os Rosales dedicámoslle unha nova sesión ao cine feito en Galicia, documental neste caso.
Este sábado, 9 de marzo, ás 18:30 h., invitamos ao realizador coruñés Xosé Abad a vir presentar o seu último proxecto, 'A pegada dos avós', unha película que se está a financiar mediante crowdfunding e da que veremos un avance, na que un grupo de adolescentes coruñeses emprenden unha investigación sobre a represión franquista a partir da historia particular de dúas familias víctimas da mesma.
A continuación proxectaremos 'O segredo da Frouxeira', outro documental do mesmo Abad do 2010 sobre unha temática semellante, no que o descubrimento dun pequeno paquete con recordos de fai setenta anos leva a catro familias de Valdoviño a enfrontarse as consecuencias dun traumático acontecemento familiar case olvidado.
Posteriormente, abriremos un tempo de coloquio para falar sobre ambos documentais e o crowdfunding no que participarán o propio Xosé Abad, Sandra García Rey, coguionista, e algún invitado sorpresa do barrio!
Agardámosvos!
(Entrada libre ata completar aforo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario