Queremos aproveitar o día 23, Día do Libro, para reivindicar o valor da lectura. Precisamos xuntar vontades, esforzos e xestos para conseguir que a nosa cidade sexa unha cidade aínda máis lectora. Esta cidade á que aspiramos constrúese con bibliotecas, con escolas, con escritores e escritoras,...con xentes que fan da lectura oficio pero sobre todo con xentes que len, ás que vemos ler. Desde a infancia imitamos o que fan os outros e canto máis vemos determinados xestos máis tendemos a repetilos. Lemos porque vemos ler e porque os nosos recordos gardan imaxes relacionadas coa lectura. Por iso queremos engadir unha nova imaxe que recordar nesta cidade: a imaxe dunha morea de xente xunta a ler. Algo para non esquecer. Axúdanos participando neste acto a crear ese imaxinario de cidade que le.
Por unha cidade máis lectora, por unha cidade máis cidade!
Se podes, se queres, non faltes
No hay comentarios:
Publicar un comentario