Ante todo moitas grazas pola vosa cariñosa acollida, esperamos ser capaces de cumprir coas vosas expectativas.
O noso compromiso, a partir de agora, será promover a participación cidadá, aumentar o grao de satisfacción dos veciños e das veciñas cos servizos que prestamos e facer patente o noso traballo e noso esforzo diario, para cumprir a Misión da Rede de Bibliotecas Públicas Municipais.
O obxectivo último é difundir, mellorar e ofrecer maior participación nos servizos que presta este centro, e ofrecer unha imaxe de transparencia na prestación do servizo.
A Biblioteca aspira por outra parte a cumprir e difundir as misións que dende organismos internacionais como a UNESCO se determinaron esenciais. Entre outras cousas, crear e consolidar os hábitos de lectura na infancia dende os primeiros anos, prestar apoio á educación tanto individual coma autodidacta, así como á educación formal en todos os niveis; e brindar posibilidades para o desenvolvemento persoal creativo.
Ademais, intenta estimular a imaxinación e creatividade da infancia e a xuventude, fomentar o coñecemento do patrimonio cultural, a valoración das artes, dos logros e innovacións científicos; facilitar o acceso ás expresións culturais de todas as manifestacións artísticas, fomentar o diálogo intercultural e favorecer a diversidade cultural; prestar apoio á tradición oral, garantir á cidadanía o acceso a todo tipo de información da comunidade, e prestar servizos axeitados de información.
De novo moitas grazas pola vosa acollida e esperámosvos.
Biblioteca "Os Rosales”
No hay comentarios:
Publicar un comentario