02 octubre 2009

Encontro-Concerto na Biblioteca

ENCONTRO-CONCERTO CO GRUPO FRACASADOS DE ANTEMANO

Desde la Biblioteca nos han enviado esta información que consideramos muy interesante:
"Gústache a música e gustaríache montar un grupo?
Xa o tes pero non sabes onde poder ensaiar, como distribuír as maquetas, conseguir actuacións...
Para rematar coas actividades de inauguración da Biblioteca Municipal dos Rosales, teremos un encontro-concerto co grupo coruñés Fracasados de Antemano o sábado día 3 de outubro ás 19.00 h no auditorio do Centro Cívico dos Rosales, na praza Elíptica.
A idea é falar de como se forma unha banda e que pasos hai que dar para moverse na escena musical coruñesa e galega. Para iso, os Fracasados contarannos a súa experiencia de varios anos pateando escenarios e responderán ás vosas preguntas. Procuraremos ter un diálogo entre todos para aclarar todas as dúbidas que poidades ter ou simplemente para falar dunha das nosas pasións favoritas, a música. O equipo da biblioteca, pola súa parte, pasaravos unha pequena guía de información básica para empezar a moverse.
Iso será a teoría. Logo teremos unha sesión práctica. Os Fracasados interpretarán para nós unha escolma dos seus mellores temas en versión acústica. Non o perdades! Agardámosvos!"

1 comentario:

Katanga-Koruña dijo...

Enlacei o voso blog sedes o meu humilde espazo insurrecto.....que os vosos coleguis do blog "veciñal" téñenme censuradito!!!!

Por certo, cando vexades a eses veciños de Los Rosales que andan pola Xunta preguntádelles por eses canguros da Xunta que ían poñer que "ríete tú de los del ayuntamiento"......Ou por ese novidoso sistema de PRE-PAGO dos comedores escolares......Ou esas axudiñas aos libracos de texto.....Claro, había que aforrar para a Olimpiada de Madrid!!!!!!

Saúdos katangueiros!!!!!!