20 abril 2012

20 anos de Orquesta Sinfónica de Galicia

A Biblioteca de Os Rosales fainos chegar o seguinte texto con motivo do 20 aniversario da OSG. Dende a Asociación de Veciños, unímonos a esta iniciativa:

Este ano cúmprese o vinte aniversario do inicio da andaina da Orquestra Sinfónica de Galicia, unha auténtica xoia cultural da que todos os coruñeses, en particular, e os galegos, en xeral, debemos sentirnos orgullosos. Para quen non sexa totalmente consciente do seu nivel, digamos que poderíamos comparala, no plano musical, co SuperDépor dos bos tempos, xa que se trata dunha orquestra recoñecida mundialmente e coa que colaboran os mellores solistas internacionais.
Dende a Biblioteca Municipal de Os Rosales queremos rendírlle unha merecida homenaxe a OSG cunha programación especial (ver cartel), na que destacan, en primeiro lugar, unha visita guiada as instalacións do Palacio da Ópera con asistencia ao ensaio xeral da zarzuela 'Cádiz', coa participación do coro; e, en segundo lugar, un concerto do Cuarteto Sinfonietta, da OSG, na propia biblioteca.
Para ir facendo boca fomos falar cos máximos responsables da orquestra: por unha banda, o director titular durante estes vinte anos e verdadeiro artífice da súa posta en marcha, Víctor Pablo Pérez, que abandona o seu cargo a próxima tempada; e, por outra, o novo xerente, Andrés Lacasa. Un auténtico luxo e un privilexio que accederan tan amablemente a falar con nós sobre o pasado, presente e futuro da nosa orquestra. Invitámosvos a ver a reportaxe e, como non, a participar no especial '20 anos coa OSG'. Agardámosvos!:

No hay comentarios: