 A Directora das  Bibliotecas  Municipais, Elena Pernas, mándanos esta mensaxe no "Día do Libro":
A Directora das  Bibliotecas  Municipais, Elena Pernas, mándanos esta mensaxe no "Día do Libro": Queremos aproveitar o día 23, Día do Libro, para  reivindicar o valor da lectura. Precisamos xuntar vontades, esforzos e  xestos  para conseguir que a nosa cidade sexa unha cidade aínda máis lectora.  Esta  cidade á que aspiramos constrúese con bibliotecas, con escolas, con  escritores e  escritoras,...con xentes que fan da lectura oficio pero sobre todo con  xentes  que len, ás que vemos ler. Desde a infancia imitamos o que fan os outros  e canto  máis vemos determinados xestos máis tendemos a repetilos. Lemos porque  vemos ler e porque os nosos recordos gardan imaxes relacionadas coa  lectura. Por iso queremos engadir unha nova imaxe que recordar nesta  cidade: a  imaxe dunha morea de xente xunta a ler. Algo para non esquecer. Axúdanos   participando neste acto a crear ese imaxinario de cidade que  le.
Queremos aproveitar o día 23, Día do Libro, para  reivindicar o valor da lectura. Precisamos xuntar vontades, esforzos e  xestos  para conseguir que a nosa cidade sexa unha cidade aínda máis lectora.  Esta  cidade á que aspiramos constrúese con bibliotecas, con escolas, con  escritores e  escritoras,...con xentes que fan da lectura oficio pero sobre todo con  xentes  que len, ás que vemos ler. Desde a infancia imitamos o que fan os outros  e canto  máis vemos determinados xestos máis tendemos a repetilos. Lemos porque  vemos ler e porque os nosos recordos gardan imaxes relacionadas coa  lectura. Por iso queremos engadir unha nova imaxe que recordar nesta  cidade: a  imaxe dunha morea de xente xunta a ler. Algo para non esquecer. Axúdanos   participando neste acto a crear ese imaxinario de cidade que  le.Por unha cidade máis  lectora, por unha cidade máis cidade!
 Se podes, se queres, non  faltes 
 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario