O próximo martes 13 de Xuño as 11:00 no Salon de Actos do Centro Civico
de Los Rosales, Jesus Sposito, director técnico do consello social da
UDC, dara unha charla sobor o programa "Laboralia future jobs" que
consiste en:
LABORALIA FUTURE JOBS
¿COMO TER OPORTUNIDADES NUN ENTORNO DIXITAL?
¿QUÉ É LABORALIA FUTURE JOBS?
É unha xornada formativa dirixida a estudantes, titulados
universitarios, familias e profesionais da educación interesados en
coñecer as novas tendencias do mercado laboral marcadas polo progreso
tecnolóxico e dixital da sociedade.
¿QUÉN ESTARÁ EN LABORALIA FUTURE JOBS?
En Laboralia Future Jobs afondaremos no mundo E-Sports da man de
especialistas da Liga de Videoxogos Profesionais e de Training Gamer.
Contaremos coa participación da OIJ (Organización Internacional da
Mocidade) e explicaremos cales son as competencias dixitais que deben
adquirir as novas xeracións, grazas á colaboración do proxecto eSkills
Match da Comisión Europea.
A xornada tamén contará con
representantes de Telefónica Dixital España e Novos Negocios Dixitais de
BBVA, que explicarán cales son os perfís profesionais dixitais máis
demandados.
¿CANDO E ONDE TERÁ LUGAR LABORALIA FUTURE JOBS?
A xornada está dividida en dúas sesións intensivas que terán lugar os
vindeiros días 15 e 16 de xuño (De 9:30 horas a 14:00 horas), no Salón
de Actos do Centro Universitario de Riazor.
¿ONDE PODO ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN?
Na páxina web:
http://laboraliaudc.com/
¿COMO PODO INSCRIBIRME?
https://docs.google.com/…/1FAIpQLSeRq9kctws_T_Yj7W…/viewform)