17 septiembre 2010

A Biblioteca cumpre 1 ano

""Cumprimos 1 ano coa enerxía e a ilusión do primeiro día""

Queridos amigos:
Fai un ano cando inaugurábamos a biblioteca facíamolo cunha frase de Cicerón que dicía: "Se cerca da biblioteca tedes un xardín, xa non vos faltará de nada".

Nos dicíamos que o único que faltaba érades precisamente vós.

Pasou un ano e a biblioteca está case completa porque xa estades vós. Pero como unha biblioteca constrúese día a día, persona a persona, sono a sono, seguimos necesitando máis e máis compañeiros de viaxe e ilusións para construir entre todos a biblioteca que todos soñamos.

Non podemos deixar pasar este momento de dirixirnos a vós, para darvos as gracias a todos os que formades parte desta familia, pola vosa acollida, o voso cariño e colaboración. Somos os bibliotecarios máis afortunados, sentímonos no barrio como na casa e esperamos que vós os sintádes orgullosos da vosa biblioteca, e que todos os que xa estamos e os que virán consigamos que a biblioteca sexa o que todos queiramos

GRAZAS A TODOS !!!
Biblioteca Municipal Os Rosales


Aquí tedes o programa de actividades dende o martes 21, ate o sábado 25.

1 comentario:

Anxo dijo...

Graciñas a vós polo magnífico traballo que facedes tódolos días.