11 enero 2013

CINE: 50 años en El Andamio


Este sábado, 12 de xaneiro ás 18:00 h., nova sesión de cine na
Biblioteca de Os Rosales, cun programa dobre en colaboración co CGAI no que visionaremos 'El andamio', película amateur de denuncia social e peza de culto da cinematografía galega, censurada e desaparecida durante o franquismo; e '50 años en el andamio', documental de investigación sobre o proceso de recuperación da cinta. A sesión contará coa presencia de Ángel Rueda, director do (S8) Mostra de Cinema Periférico de A Coruña e autor do documental, e José Manuel Sande, director de programación do CGAI, que presentarán a película e o documental e participarán no coloquio posterior ao seu visionado. O film, que foi rodado integramente en A Coruña na década dos 50, xira en torno ao mundo da construcción e contén imaxes do barrio de Labañou cando se estaba a construír.

Para ir facendo boca podedes ver esta entrevista a Ángel Rueda que estivo recentemente presentando o documental no festival Documental Experimental do MUSAC (Museo de Arte Contemporáneo de León), ahí é nada:



(Con motivo da actividade suspenderanse na Sala de Adultos os nosos
habituais servizos de préstamos, ordenadores e consolas a partires das
17:30 h. As devolucións poderanse realizar na Sala Infantil.
Desculpade as molestias. Grazas.)

No hay comentarios: