16 noviembre 2011

Carril bus

Os dejamos este comunicado que nos envía Greepeace y Adega.

"Como a maioría xa saberdes o concello ten previsto eliminar o carril bus da cidade antes de finais deste ano, o que cremos que sería moi negativo para o conxunto da cidadanía xa que na actualidade o seu uso redunda nun mellor servizo, puntualidade e comodidade á hora de circular, tanto para os buses como para os taxis, motos, bicis e resto de automóviles.

Dende Greenpeace e ADEGA cremos que é importante apostar pola defensa, ampliación e mellora do carril bus e do servizo de transporte público na nosa cidade, así como unha potenciación do transporte sostible para conseguir unha mellor convivencia nas rúas,e pensamos que a súa eliminación supón non só un paso atrás, senón un ataque frontal coas políticas de mobilidade e sostenibilidade acordadas polo concello.
Por estos motivos, o próximo luns día 21 de novembro ás 20.00 horas imos reunirnos na Asociación Cultural Alexandre Bóveda, na rúa Olmos 16-18 1º, co fin de poñer en común as nosas ideas e organizar algunha acción de protesta e presión para evitar a súa retirada, e gustaríanos contar convosco, xa que cremos que entre todas temos que exercer presión para evitar este tipo de accións encamiñadas a poñer á cidade ao servizo dos coches.
Do mesmo xeito estamos elaborando un manifesto en prol do carril bus que podedes ler neste enlace e facer as vosas aportacións:

Agradeceríamos moito a vosa participación, acercándovos o luns (prégase confirmación de asistencia), respostando este email para facernos chegar as vosas opinións ou suxerencias ou amosando o voso apoio ao manifesto."

1 comentario:

Anónimo dijo...

Lo de quitar el carril bus es una barbaridad. Es fomentar la doble fila frente y penalizar el transporte público. Desde luego, si quitan el carril bus no volveré a comprar en los comercios de Federico Tapia ni de San Andrés.