O día 14 de outubro, dentro do espazo Galicia Móvese, inauguramos na Biblioteca de Os Rosales '20 anos co CGAI', unha programación dedicada a celebrar o vixésimo aniversario do Centro Galego das Artes da Imaxe como filmoteca galega.
Dentro desa programación realizaremos catro sesións de cine, dúas para adultos e dúas para nenos, nas que proxectaremos exclusivamente películas galegas.
Este venres, ás 19:00 h., comenzaremos as de adultos cunha sesión de curtas galegas, presentada por José Manuel Sande, responsable de prensa e documentación do CGAI. Ademais poderedes gozar dunha exposición de fotografías da colección persoal do escritor arxentino Julio Cortázar, e outra de carteis de festivais de cine vintage.
A partir das 19:00h. a sala de adultos permanecerá pechada. As devolucións faranse na sala Infantil (andar baixo). Disculpade as molestias.
Toda a información, neste vídeo con protagonistas moi especiais:
Agardámosvos!
2 comentarios:
¡Magnífico corto! Enhorabuena a los "actores" y a la Biblioteca por esta iniciativa.
Es una buena idea, está claro que la biblioteca le da mucha vida al barrio.
Publicar un comentario