27 octubre 2011

2ª sesión de "20 anos co CGAI"


Ola veciños,
este sábado 29 de octubre ás 19:00 h., a Biblioteca Municipal Os Rosales celebra a 2ª sesión do ciclo de cine '20 anos co CGAI', como lembraredes, dedicado ao vixésimo aniversario da filmoteca galega. En primeiro lugar proxectaremos 'Miss Ledyia', o primeiro film de ficción galego rodado por José Gil en 1916, e no que aparece Castelao nun pequeno cameo. En segundo lugar, 'Nuestras fiestas de allá', emotivo documental de 1928 do mesmo autor financiado pola emigración galega en sudamérica para lembrar a vida en Galicia. Garantizámosvos que paga a pena ver e coñecer estas dúas xoias do patrimonio cinematográfico galego.
As proxeccións realizaranse na sala da adultos, polo que a partir das 18:45 h. suspenderanse os habituais servizos de préstamo, devolución, ordenadores e consolas. Desculpade as posibles molestias.
Como sempre, agardámosvos!

No hay comentarios: