10 septiembre 2009

A CAIXIÑA DOS MISTOS


CULTURA

‘A Caixiña dos Mistos’ achegará aos máis novos da casa ao mundo dos contos e a fantasía durante o mes de setembro
  • UNHA CARAVANA AMBULANTE CONVERTIDA EN SALA DE PROXECCIÓNS DE PELÍCULAS PERCORRERÁ OS DISTINTOS BARRIOS DA CIDADE OS SÁBADOS DO VINDEIRO MES

A Coruña, 29 de agosto de 2009.- A Concellaría de Cultura que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo levará aos distintos barrios da cidade e para os máis pequenos da casa a Caixiña dos Mistos, unha sala de proxección de películas sobre rodas que achegará aos nenos e nenas aos contos e a fantasía durante todos os sábados do mes de setembro.
A Caixiña dos Mistos é unha sala de proxección sobre rodas que percorre os barrios e vilas galegas. Unha caravana ambulante máxica que leva ao público infantil aos mundos de conto e fantasía a través dunha oferta de contidos audiovisuais de curta duración.
Os máis novos da casa son os verdadeiros protagonistas desta actividade interactiva, pois da súa idade e das súas preferencias depende a elección das películas a proxectar. Ademais, á saída son os encargados de votar ás súas pezas favoritas, así como participar en distintas actividades de entretenemento mentres esperan para entrar.
Así, esta especial caravana percorrerá os distintos barrios da cidade durante o mes de setembro en horario de 11.30 a 14.00 horas e 16.30 a 20.00 horas:

  • Dia 5 de setembro- Praza das Conchiñas
  • Día 12 de setembro- Praza Elíptica dos Rosales
  • Día 19 de setembro- Campo da Leña – Praza de España
  • Día 26 de setembro- Praza Salvador de Madariaga

Máis información en www.caixadosmistos.com

...

1 comentario:

Fariva dijo...

Todo un acierto. Actividades como esta se tendrían que hacer más a menudo.