16 mayo 2012

Salón do Libro Galego no C.C. Los Rosales


Do 16 ao 19 de Maio, C.C. Los Rosales acolle unha nova edición do "SALÓN DO LIBRO GALEGO"


Os vindeiros días 16, 17, 18 e 19 de Maio, por mor do Día das Letras Galegas, C.C. Los Rosales acollerá unha nova edición do Salón do Libro Galego.

Nesta edición, as principais editoriais galegas exporán as súas últimas novidades literarias, ademais de celebrarse actividades culturais paralelas para os rapaces, como obradoiros de pintura, talleres de ilustración e sesións de contacontos.

Ao longo destes catro días, as persoas que se acheguen ao complexo comercial poderán visitar os postos de venda de libros
pertencentes ao Consorcio Editorial Galego e que se enmarca dentro das actividades vinculadas arredor do Día das Letras Galegas que organiza o complexo comercial.

ACTIVIDADES PARA RAPACES:

Xoves día 17: Sesión Contacontos (18:30 h.).                  
Venres día 18: Obradoiro de Ilustración (18:30 h.).
Sábado día 19: Obradoiro de Pintura (18:30 h.).

No hay comentarios: