Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

17 mayo 2012

Día das Letras Galegas


Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade:

“A imaxe do que unha lingua foi ou deixou de ser no percurso das edás, non se debera interpor na comprensión do seu destiño”

16 mayo 2012

Lectura compartida

Dende a Biblioteca de Os Rosales, comunícannos que o acto que tería lugar este serán coa lectura dos poemas de Valentín Paz Andrade, queda SUSPENDIDO por problemas alleos á propia Biblioteca. O acto centrarase no ÁGORA na mesma hora, po-lo que piden disculpas a todos aqueles que vos afecte o cambio.

Salón do Libro Galego no C.C. Los Rosales


Do 16 ao 19 de Maio, C.C. Los Rosales acolle unha nova edición do "SALÓN DO LIBRO GALEGO"


Os vindeiros días 16, 17, 18 e 19 de Maio, por mor do Día das Letras Galegas, C.C. Los Rosales acollerá unha nova edición do Salón do Libro Galego.

Nesta edición, as principais editoriais galegas exporán as súas últimas novidades literarias, ademais de celebrarse actividades culturais paralelas para os rapaces, como obradoiros de pintura, talleres de ilustración e sesións de contacontos.

Ao longo destes catro días, as persoas que se acheguen ao complexo comercial poderán visitar os postos de venda de libros
pertencentes ao Consorcio Editorial Galego e que se enmarca dentro das actividades vinculadas arredor do Día das Letras Galegas que organiza o complexo comercial.

ACTIVIDADES PARA RAPACES:

Xoves día 17: Sesión Contacontos (18:30 h.).                  
Venres día 18: Obradoiro de Ilustración (18:30 h.).
Sábado día 19: Obradoiro de Pintura (18:30 h.).

15 mayo 2012

Lectura compartida na Biblioteca

A Biblioteca de Os Rosales convida a todo-los veciños a sumarse á "lectura compartida dos poemas de Valentín Paz Andrade", mañán mércores 16 as sete do serán, co gallo do Día das Letras Galegas. Non faltedes!!!