08 octubre 2012

ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS


El próximo martes a las 20:00 h. en el Centro de Formación CAI, tendrá lugar un MICROEVENTO DE ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS para todos los vecinos que deseen asistir.

Os remitimos la carta invitando a dicho evento.

Estimados compañeiros:

Escribímosvos dende o equipo de comunicación de Alternativa Galega de Esquerda co proposito de incluírvos no noso proxecto de microeventos. A nosa intención é establecer unha comunicación bidireccional e fluída convosco, facendo un pouco nosas tanto a vosa problematica como as vosas propostas.

Que é un microevento?

O concepto de microevento parte da firme convicción de construír desde unha base que foi. Para iso pensamos nun novo vehículo de comunicación que constrúa o noso proxecto desde a base: Os microeventos.

En que consiste un microevento? 

Un microevento é unha oportunidade para que as distintas asociacións, sindicatos, movementos sociais e as persoas en xeral poidan achegar as súas propias ideas, construíndo un proxecto común  a todos. Para iso dámosvos a opción de comunicarvos directamente connosco, sen intermediarios de ningunha clase, para expor as vosas inquietudes, a vosa problemética e as vosas solucións, todo iso no marco dunha comunicación marcadamente bidireccional, ó estilo mesa redonda ou charla informal.

Por que os microeventos?

Porque cremos que chegou o momento de empezar a construír desde abaixo cara arriba, creando un proxecto novo que estea construído por e desde a base. Un proxecto que xurda das persoas, das nosas rúas e das nosas prazas. Un proxecto distinto no cal todos nós teñamos cabida.

Para establecer contacto con nos podedes escribirnos un correo electrónico á direcciónmicroeventos.alternativagz@gmail.com ou chamarnos a o número de teléfono 634.559.963. 

Agradece a sua atención:

Comunicación AGE.

No hay comentarios: