¿Quen non sentiu algunha vez curiosidade e gañas de ver como é o funcionamento dun gran espectáculo artístico como a ópera por dentro? Pois o pasado xoves tivemos a oportunidade de facelo coa visita que organizamos dende a biblioteca de Os Rosales cun grupo de 50 usuarios ao Palacio da Ópera, dentro da nosa programación especial en conmemoración do vinte anivesario da OSG.
Da experta man do seu xefe de producción, José Manuel Queijo, fixemos un suxestivo percorrido polos camerinos e as bambalinas do auditorio, entre instrumentos e os sons dos músicos ensaiando. Trala visita tivemos o privilexio de asistir ao ensaio xeral da orquesta co coro, e a posibilidade de contemplar á orquestra traballando de portas adentro, unha perspectiva pouco habitual pero moi interesante. E, ademáis, para culminar unha tarde intensa, o director, Víctor Pablo Pérez, tivo a deferencia de subir ao palco de butacas a facerse unha foto co grupo. Disfrutade dos testimonios gráficos da visita que vos deixamos e non vos esquenzades de que o programa terá como colofón a actuación do cuarteto Sinfonietta na biblioteca o vindeiro 8 de maio as 19:30 h., cun programa moi accesible para todo o mundo con clásicos de Mozart, Vivaldi ou Albinoni. Agardámosvos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario