13 abril 2011

Los Rosales Quiere Saber - Esquerda Unida

El viernes 15 de abril, a las 20:30 horas, en el Colegio Público Emilia Pardo Bazán, tendremos un nuevo Encuentro de Los Rosales Quiere Saber: Esquerda Unida, con su candidato César Santiso:

César Santiso, nacido en 1968, é técnico informático funcionario da Deputación da Coruña desde o ano 1993. Con anterioridade dirixiu unha empresa de informática creada en modo coperativista entre varios compañeiros de estudos.


Desde os 16 anos participa activamente na defensa do medio ambiente, sendo moi coñecido nos sectores máis alternativos do movemento ecoloxista, onde destaca polas súas achegas en sectores como bioconstrucción, decrecemento sostible, permacultura, agricultura ecolóxica, autosuficiencia, crise enerxética ou solidariedade.


Paralelamente desenvolve unha intensa actividade sindical en CCOO como responsable da Coordinación Comarcal do Sector da Administración Local na Coruña, o que unido ao seu traballo profesional permítelle ser un gran coñecedor da problemática administrativa, organizativa e económica dos concellos e por conseguinte ter unha gran perspectiva dos entes locais.


Convencido de que para transformar a sociedade non é suficiente con manter un estilo de vida harmónico coa natureza e solidario cos seres humanos, senón que é necesario implicarse na vida política, ingresa en Esquerda Unida onde logo dun período de militancia de base, accede a Secretaría de Organización Comarcal da Coruña en 2008 para pasar á Secretaría de Organización Nacional en 2009, cargo que abandonou recentemente para encargarse da Coordinación Comarcal da Coruña, aínda que mantén a súa condición de membro da Executiva Nacional.


Un dos seus maiores avais, tanto en política como en ecoloxismo e sindicalismo, é a coherencia entre o seu discurso e o seu modo de vida, baseado en principios de decrecemento sostible, consumo responsable, solidariedade e honradez.



Nota: Datos recogidos de la página web de Esquerda Unida A Coruña


7 comentarios:

Anónimo dijo...

O coñezo, o coñezo, é un ecolxista convencido. É certo que é coherente co que dí. É unha das persoas máis concienciadas co medioambiente coas que me atopei na miña vida. Fixádevos que da charlas sobre agricultura ecolóxica, bioconstrución, depuración verde de augas e négase a cobrar.

Anónimo dijo...

Pois no noso barrio pouco se sabe deste home, salvo que se define como ecoloxista radical. Non me parece moi afortunada esa autonomenclatura. A sostenibilidade para o desenrolo da cidade é un tema moi importante, pero A Coruña ten máis preocupacións que a agricultura ecolóxica e a biononseique... O de non cobrar paréceme moi loable, sempre que sexa certo..

Anxo dijo...

A miña admiración por un candidato que polo menos amosa interese polo medioambente e a sostenibilidade, o ten ben difícil nunha cidade cun desenrolo urbanístico tan desenfrenado como o que temos. Boa sorte, ogallá entre no Concello, dende logo eu voulle a VOTAR unha man.

Ana dijo...

Al Anónimo pues a lo mejor que no se sepa nada es una buena cosa porque de los que sabemos ojalá no supieramos nada porque vaya personal. Parece que sabe también de temas locales asi que a mi me da buena impresión y para los que antes votabamos al psoe y que no nos gustan nada los nacionalistas pues es una posibilidad para mejorar las cosas.

Farero dijo...

Yo paso de curriculums a mi lo que me convence es como dicen las cosas que piensan y las que creen ahi se ve si son de fiar o no, por eso habrá que oirlo.

Stalin dijo...

Yo voto IU a ver si asi BOTO al PSOE-BNG.

Elcano dijo...

El menda como Stalin solo que más democráta, siento no poder ir porque salimos de viaje a media tarde.