12 enero 2009

Programación semanal de la Concejalía de Cultura

Desde la Concejalía de Cultura nos remiten la siguiente información que publicamos literalmente por si pueden ser de vuestro interés:
Desde a Concellaría de Cultura remitímosvos a programación cultural que vai desde hoxe até o próximo venres, día 16 de xaneiro:
NOVAS:
A CORUÑA SON: A Coruña Son é un certame de creación de canción galega organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña, en colaboración coa Deputación da Coruña e da Universidade da Coruña. Este Certame ten como obxectivo fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción en galego.
Os autores/as participantes no certame deberán subir os vídeos ou MP3 das súas cancións orixinais á web http://acorunason.eu/. Se é do voso interese tedes de prazo até o 10 de febreiro.
TRIVIAL ON LINE: A AS-PG, en colaboración cos Museos Científicos organizan o “I Campionato Museos Científicos Trivial-gz”. Mañá, martes, día 13 de xaneiro, finaliza o prazo de inscrición. No seguinte enderezo podedes formalizala www.as-pg.com/trivial.gz/. e na páxina http://www.as-pg.com/ podedes consultar as bases.

PROGRAMACIÓN:
MÚSICA:
-Forum Metropolitano
Xoves 15: IBEROJAZZ 09 JACOBO DE MIGUEL (PIANO) + TON RISCO (VIBRÁFONO)Presentación do disco “Dúo”. O concerto irá precedido dunha mesa redonda de inauguración do ciclo, ás 20:00Función: 21:00Entradas: 7 € (carné xove, maiores de 65 e desempregados, 5 €) Venres 16: IBEROJAZZ 09 ZE EDUARDO UNIT: A JAZZAR E QUE A GENTE SE ENTENDEZe Eduardo (contrabaixo), Jesús Santandreu (saxo tenor), Bruno Pedroso (batería)Función: 21:00Entradas: 9 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 7 €)
-Teatro Rosalía Castro
Martes 13: CUARTETO HEROLD (cuerda)Organiza: Sociedad FilarmónicaFunción: 20:00 Entradas: 10 € (menores de 25 anos, 3 €
-Pazo da Ópera
Venres 16: ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA Programa: E. Grieg, A. Bruckner. Solista: Nelson Freire (piano) Director: Dennis Russell Davies Función: 20:30 Entradas: 9, 14’30, 18 e 26’40 € (maiores de 65, menores de 26 anos e desempregados, 6’30 €, na zona C2)
SALAS DE EXPOSICIÓNS: (Horarios: de luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00)
.Praza de María Pita: “MANOLO VALDÉS”. Finaliza este domingo 18.
.Pazo Municipal: “EXPOSICIÓN FILATÉLICA, A BATALLA DE ELVIÑA”. Do 16 ao 25 de xaneiro.
.Palexco: “A CORUÑA: 1208-2008. A construción dunha cidade”. Até o 1 de febreiro
MUSEOS:
-Castelo De San Antón: (Horario: de martes a sábados: de 10:00 a 19:30; domingos e festivos: de 10:00 a 14:30. Visitas concertadas centros escolares e grupos á exposición: museo@sananton.org ou tfno.: 981 189 850//A entrada no CASTELO DE SAN ANTÓN todos os sábados do ano é de balde) Exposición “Onde as rúas non teñen nome: unha ollada etnoarqueolóxica ao pobo Gumuz”. Até o mes de marzo. Entradas: 2 €; reducida: 1 €
-Domus: (horario: de luns a domingo, de 10:00 a 19:00) EXPOSICIÓN “CONTINENTES VIVOS”. Entradas: xeral: 2 €; reducida: 1 €. CINEMA EN 3D: “DINOSAURIOS”: De luns a venres: 18:00 h. en galego. Sábados e domingos 12:00 e 17:00 en galego, 13:00 e 18:00 en español. Tarifa: 1 €.
- Casa dos Peixes: (horario: de luns a vernes, de 10:00 a 19:00. Sábados, domingos e festivos: de 10:00 a 20:00). Pechado o día 1 e o 6. EXPOSICIÓN “FOTÓGRAFOS DA NATUREZA 2009”. Contén as imaxes ganadoras e finalistas do certame WILDLIFE PHOTOGRAPHER OF THE YEAR//EXPOSICIÓN “FARMACUÁTICOS, A BOTICA DO MAR” Entradas: xeral: 10 €; reducida: 4 €
CINEMA:
Forum Metropolitano: (Xoves 15, venres 16 e sábado 17)
- Sala Marilyn Monroe, Ciclo “ESTREAS EN V.O.”: “FIERCE PEOPLE (Xente pouco corrente)” de Griffin Dunne, con: Diane Lane, Donald Sutherland. Estados Unidos, 2008 – 1 h. 43 min – V.O.S. en castelán – NRM 13 anos. Horarios: xoves, 20:15; venres, 20:15 e 22:45; sábado: 17:15 e 20:15. Entradas: 3 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 2 €); Abono 5: 12 €. As funcións dos venres ás 22:45 son gratuítas)
-Sala Fernando Rey, Ciclo “A POLÍTICA NO CINE”: “LA LEY DE HERODES”, de Luis Estrada, con: Damian Alcázar, Delia Casanova México, 1999 – 2 h. – V.O. en castelán – NRM 13 anos Horarios: xoves, 20:30; venres: 20:30 e 23:00; sábados: 17:30 e 20:30. Entradas: 3 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 2 €; Abono 5: 12 €. As funcións dos venres, ás 23:00 son gratuítas
MACUF (Avda. de Arteixo, 171, Agrela-Bens. Aparcadoiro gratuito. Autobús urbano nº 11) Ciclo “12 PELIS PARA OS PEQUES”(Organiza a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística e o MACUF): Sábado 17, “TINTÍN E O LAGO DOS TIBURÓNS” Horario: 18:00. Entrada: de balde
CONFERENCIAS:
-Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) Mércores, 14 “JENARO MARINHAS: UMHA TESTEMUNHA POR GALIZA”, por Pablo González Mariñas Organiza: Agrupación Cultural O Facho. Horario: 20:00h. Entrada: de balde

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Muy buena la idea de la agenda aunque por experiencias previas sé que es difícil de mantener actualizada. Gracias por el esfuerzo.

Anónimo dijo...

Precio:ben, oferta: boa, para tódolos gustos, información: de agradecer. Só hai un problemiña: ¿de dónde car.... saco o tempo para ir?, ben que o sinto; mágoa non ser funcionario (que ninguén se pique, só me faltaba iso).