31 enero 2009

Cine Infantil


Hoxe, sábado 31 de xaneiro, continua o ciclo "12 pelis para os peques" con Looney Tunes: De novo en acción.
O ciclo de cinema familiar "12 pelis para os peques" e unha iniciativa da Concellaría de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña en colaboración co Macuf e a CRTVG.
A finalidade deste ciclo de cinema e achegar o galego aos tempos de ocio dos máis novos, reforzando así o uso do galego no ámbito familiar.
Este sábado, 31 de xaneiro ás 18.00h na Sala de Cinema do Museo de Arte Contemporáneo UNIÓN FENOSA-MACUF (Avd. de Arteixo, 171, Agrela-Bens), proxectarase. Looney Tunes: De novo en acción, a primeira ocasión na que Bugs Bunny, o Pato Lucas e todos os personaxes dos Looney Tunes interveñen nunha longametraxe que transcorre totalmente nun mundo de acción real, ademais de interactuar con outros actores "reais". Dirixida por Joe Dante no 2003, o resultado acadado con Looney Tunes: De novo en acción é fiel á tradición dos Looney Tunes: un humor rebelde e intelixente, que recolle os matices da personalidade dos personaxes, todo isto acompañado por un estilo de animación propio da época dourada desta gran creadora de fantasía.
A entrada é de balde até complentar aforo e o aparcamento é gratuito. Se prefire usar o transporte público a liña 11 ten unha parada diante do Macuf.

No hay comentarios: