31 diciembre 2008

SESION DE ASTRONOMÍA URBANA

A Coruña celebra o Ano Internacional da Astronomía A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a Agrupación Astronómica convidan a todos os coruñeses e coruñesas a unha sesión de astronomía urbana nun espazo privilexiado, o Castelo de San Antón, para celebrar a chegada de 2009, designado Ano Internacional da Astronomía pola Organización das Nacións Unidas. A cita é o vindeiro venres 2 de xaneiro a partir das 21horas: unha noite para gozar do ceo a simple vista coa axuda dos membros da Agrupación Io e recoñecer as constelacións e os planetas que protagonizan as primeiras horas da noite, e mirar algúns obxectos singulares a través do telescopio. Todos os asistentes recibirán ademais como agasallo un exemplar da “Guía do ceo 2009” editada pola Concellaría de Cultura e os Museos Científicos Coruñeses.

No hay comentarios: