08 junio 2017

Centro Civico Los Rosales - Martes 13 de Xuño - 11:00h - Charla Laboralia future jobs


O próximo martes 13 de Xuño as 11:00 no Salon de Actos do Centro Civico de Los Rosales, Jesus Sposito, director técnico do consello social da UDC, dara unha charla sobor o programa "Laboralia future jobs" que consiste en:

LABORALIA FUTURE JOBS
¿COMO TER OPORTUNIDADES NUN ENTORNO DIXITAL?
¿QUÉ É LABORALIA FUTURE JOBS?
É unha xornada formativa dirixida a estudantes, titulados universitarios, familias e profesionais da educación interesados en coñecer as novas tendencias do mercado laboral marcadas polo progreso tecnolóxico e dixital da sociedade.
¿QUÉN ESTARÁ EN LABORALIA FUTURE JOBS?
En Laboralia Future Jobs afondaremos no mundo E-Sports da man de especialistas da Liga de Videoxogos Profesionais e de Training Gamer.
Contaremos coa participación da OIJ (Organización Internacional da Mocidade) e explicaremos cales son as competencias dixitais que deben adquirir as novas xeracións, grazas á colaboración do proxecto eSkills Match da Comisión Europea.
A xornada tamén contará con representantes de Telefónica Dixital España e Novos Negocios Dixitais de BBVA, que explicarán cales son os perfís profesionais dixitais máis demandados.
¿CANDO E ONDE TERÁ LUGAR LABORALIA FUTURE JOBS?
A xornada está dividida en dúas sesións intensivas que terán lugar os vindeiros días 15 e 16 de xuño (De 9:30 horas a 14:00 horas), no Salón de Actos do Centro Universitario de Riazor.
¿ONDE PODO ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN?
Na páxina web: http://laboraliaudc.com/
¿COMO PODO INSCRIBIRME?
https://docs.google.com/…/1FAIpQLSeRq9kctws_T_Yj7W…/viewform)

No hay comentarios: