08 mayo 2016

BASES E SOLICITUDE DO RASTRILLO/MERCADILLO DAS FESTAS DE OS ROSALES.













OBXETO DO RASTRILLO.

         A posta en marcha do RASTRILLO nas festas do barrio, nace a iniciativa da Asociación de Veciños coa finalidade de potenciar a participación cidadá nas festas do barrio de Los Rosales tanto a nivel particular como profesional.
Este é un proxecto non só pensado para fomentar o aproveitamento de cosas de todo tipo que nun momento dado foron necesarias para un e que agora poden ser útiles para alguén outro.
Imos aproveitar o cambio de tempo para que os veciños e veciñas busquen eses obxectos que xa non queren (mobles, roupa, artigos de decoración) e poidan ofrecelos a outros vecinos que agora poidan darlle uso.
Tamén queremos buscar saída a creatividade dos mozos e mozas do barrio para que participen facendo manualidades ou creaccións de todo tipo e quizás atopen unha motivación ou camiño profesional.
Este mercadillo pretende aportar movemento e actividade que dinamice o comercio e hostalaría da zona, xa que poidan acercarse ao barrio xente doutras zonas que queran pasar a mañán con nós e quizás conseguir alguna “ganga” no rastrillo.



DATAS E HORARIO DE CELEBRACIÓN.

         A data de celebración do devandito RASTRILLO será o último día das festas. O domingo29 de maio pola mañán de 10:00 a 14:00h.



LUGAR DE CELEBRACIÓN.
Os postos do RASTRILLO situaránse na rúa Alfonso Rodriguez Castelao dende o número 1,3,5,7,9,11 e 13. Rodeando unha praciña ou rotonda na súa metade.

A idea é facelo na parte central de dita rotonda, pero se chove é posible que necesitemos protección dos soportáis e contase co permiso da comunidade de veciños.

Nesa parcela non hai negocios abertos en domingo pola mañá, aunque de todos os xeitos convidarase a participar na actividade (peluquería 13, xestoría Rajoy)
Adxuntamos croquis da distribución dos postos.

En caso de ter que ampliar, sería o logo da avenida de Alfonso Rodriguez Castelao hacia Manuel Azaña


PARTICIPACIÓN.
        
1/ Condicións do participante.
                  
         Poderán participar no RASTRILLO todas aquelas persoas de mais de 16 anos, físicas ou con entidade xurídica ou empresas que estean interesadas en vender ou cambiar obxectos da súa propiedade ou fabricación.
         Os menores que queiran participar co seu posto deberán ir acompañados dun adulto.
No caso de tratarse de alimentos, é necesario posuir a autorización sanitaria pertinente e a formación necesaria.
Non é requisito posuir unha equipación ou instalación determinada, o deseño e características do posto é libre.
Quedarán expresamente excluidos do RASTRILLO os revendedores, os vendedores mecancía ilegal: roubada, falsificacións ou imitacións,etc


2/ Solicitude de participación.

         Os interesados en participar no RASTRILLO deberán enviar unha solicitude debidamente cumprimentada e, no seu caso, acompañada de documento acreditativo da súa condición, e no caso de productos alimentarios ademáis o de manipulador de alimentos. A solicitude farase por mail, o mail de contacto é avvrosales@gmail.com

Tras a solicitude, enviarase un documento ou identificación para que vendedor o teña consigo durante a celebración do rastrillo.

Crearase un apartado no Facebook da asociación de vecinos no que aparecerá o modelo de solicitude e o modo de apuntarse.
Tamén o mapa coa localización dos postos segundo o alias que o interesado facilite e o número do posto. Dito mapa irase actualizando según vaian chegando solicitudes.

3/ Selección.

         Non haberá limitación de postos, pero a Organización resérvase, en función de criterios de seguridad sanitaria ou segundo a normativa vixente , o dereito de admisión, polo que terá absoluta liberdade para admitir ou denegar calqueira solicitude, sendo a súa decisión inapelable.
         A Organización poderá retirar total ou parcialmente calquer posto que non reúna as condicións esixidas nestas bases.
         As solicitudes serán contestadas a través do correo electrónico.

4/ Prezo.

A participación neste rastrillo e gratuita. O único requisito é estar rexistrado.




NORMAS SOBOR DOS POSTOS.


         Para un mellor e máis eficaz funcionamento do RASTRILLO establécense os seguintes criterios:

·            Poderá procederse á montaxe dos postos a partires das 10.00 horas da mañán, tendo que deixar valeira de vehículos a rúa do RASTRILLO antes da hora de comenzo do mesmo. Os postos deberán estar instalados e preparados para atender ó público ás 10:30 horas, hora oficial de apertura do RASTRILLO.
·            Tódolos postos deberán ser retirados ás 14:30 horas, deixando o espazo recollido e o máis limpo posible, a tal efecto colocáranse contenedores de lixo nas proximidades.
·            A colocación dos postos será nun único lado da acera e debe deixar paso suficiente para os viandantes.
·            Os postos non poderán ter música propia, nin marcar ou pintar no chán.
·            A situación de cada posto no RASTRILLO non será fixa, senón que se fará por orde de inscripción; deberase deixar a lo menos medio metro de separación entre os postos.
·            Os postos serán dos propios vendedores e terán que ser transportados, montados e desmontados por eles mesmos dentro do horario previsto e garantindo unha correcta presentación e colocación.
·            A Organización poderá facer algunha indicación sobre a modificación do montaxe dos postos si o consideran oportuno por cuestións de circulación de visitantes, movilidade, seguridade, etc.
·            A Organización non se fará responsable dos hurtos ou roubos en calqueira dos postos nin dos danos que causen a terceiros, sendo cada participante responsable do interior do mesmo.

IDENTIFICACIÓN.

         Cada participante recibirá da Organización un documento acreditativo de expositor no RASTRILLO e virá obrigado a identificarse cando sexa requerido polos membros da mesma, poidendo retirárselle o posto en caso contrario.

VIXILANCIA E SEGURIDADE.

A Organización solicitará coa antelación necesaria a presencia dos diferentes Corpos de Seguridade Cidadán (Nacional e Municipal), para o tempo que dure a  celebración do RASTRILLO.
Asímesmo solicitárase a presencia de unidades móviles de primeros auxilios e tamén de Protección Civil.

LIMPEZA.

         Por parte da Organización solicitarase a limpeza da rúa, denantes da apertura do RASTRILLO, deixándoa en óptimas condicións para á súa celebración; do mesmo xeito poñeránse á disposición dos postos os contenedores necesarios para facilitar a posterior recollida de lixo e acondicionamento da rúa.

         É responsabilidade de cada posto que a súa zona quede no estado inicial que tiña, tanto en limpeza como de mantenemento xeral.

CAMPAÑA DE MEDIOS.

         Co obxectivo posto en facilitar o mellor coñecemento do RASTRILLO realizarase unha campaña nos medios de comunicación ó inicio do mesmo.

Como é unha actividade dentro da programación de festas, participará da mesma difusión que o resto de actividades: cartelería, revista, etc e se procede algunha específica.

ACTIVIDADES PARALELAS.
        
         As actividades alternativas que se proxecten ou que se leven a cabo están incluidas dentro da programación das festas e terán como obxectivo darlle maior vistosidade e animación ó RASTRILLO: música, pasarúas,etc.




RASTRILLO/MERCADILO DAS FESTAS DE OS ROSALES.




DOCUMENTO DE SOLICITUDE E ACEPTACIÓN



Don/a…………………………………………………………………………………………………………………..

con enderezo……………………………………………………………………………………………………….

e D.N.I. (ou N.I.F.)……………………………………………………………………………………………..

(Só en caso de menores de idade) acompañado de……………….…………………………

maior de idade e con DNI…………………………………………………….…………………………..

Nome do posto de (poñer alias e tipo de producto) ……………………………………...

…..…………………………………………………………………………………………………………………..

Teléfono.………………………………Correo electrónico.……………………………………………


declaro coñecer as bases do RASTRILLO e solicito e acepto participar no mesmo de acordo ó establecido nas mesmas.


A Coruña, o …… de maio de 2016

Asdo. O interesado






VºBº Organización:



A cumplimentar pola organización:

NOME DO POSTO……………………………………….

NUMERO DE POSTO…………………………………

1 comentario:

Comentario:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.