13 octubre 2015

Obradoiro de creación literaria impartido por Xurxo Souto e Xavier Seoane

Achegános esta información desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Escola de Escritores-as da AELG presenta un Obradoiro de creación literaria, nesta ocasión impartido polo escritor Xurxo Souto e con Xavier Seoane como autor convidado.
Está aberto o proceso de inscrición, até o día 18 de outubro a través dos seguintes medios:
  • 981 133 233 (agás festivos, de luns a venres, de 9.00 a 14.30)
  • oficina@aelg.org
  • whatsapp 696 581 971
Son 20 as prazas, gratuítas e para maiores de 16 anos, que se adxudicarán por orde de solicitude.
Toda a información aquí.


No hay comentarios: