26 junio 2012

Os Ratapón na Biblioteca dos Rosales


Hola familia!

Como todos os anos, a familia Ratapón (Fuco, Lupiña, Pillo, Carolina, Lupe e a Avoa Violeta) van gozar dunhas merecidas vacacións de verán.

Este ano farán unha fantástica viaxe por Latinoamérica. Pero antes de irse deixaron na biblioteca un montón de sorpresas.

Queres coñecer todos os detalles da súa viaxe?

O Martes 26 de Xuño ás 19h agardámoste na Biblioteca Municipal Os Rosales, xuntos pasaremos unha boa tarde lembrando aos nosos ratos favoritos. E farémolo, como non, contando contos!
Non o podes perder!

Para familias con rapaces e rapazas entre 3 e 7 anos.
Entrada libre.

No hay comentarios: