Hoxe, sábado 28, 5ª sesión do ciclo Érase unha vez o cine... na Biblioteca Municipal de Os Rosales. Nesta ocasión dedicada Nouvelle Vague, o influinte e polémico movemento cinematográfico francés de finais dos cincuenta, principios dos sesenta. Éstas son algunhas das películas das que imos disfrutar vendo e comentando fragmentos significativos:
fotograma de "Ao final da escapada"
- Hiroshima, mon amour (Alain Resnais,1959)
- O ano pasado en Marienbad (Alain Resnais, 1961)
- Os 400 golpes (François Truffaut, 1959)
- Ao final da escapada (Jean-Luc Godard, 1960)
- Banda aparte (Jean-Luc Godard, 1964)
Agardámosvos outro sábado máis!
No hay comentarios:
Publicar un comentario