![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEglOp4xGjDAuFXs7pl0HGk6nCfT7zgpcN3c5763ZyhHW1N5OHGeCozE8647Ui45ubUDChQuGxqSCqq9WUkp-2vtS71p3KoGgO8fHZHS-sCBl7PHON7izGbLlrYGMkaGOULtdQ8jsGWqKng/s320/th.598.cartell.865x0.jpg)
Nesta primeira edición, as principais editoriais galegas exporán as súas últimas novidades literarias, ademais de celebrarse actividades paralelas para os rapaces, como obradoiros, talleres de ilustración e sesións de contacontos.
Ao longo destes tres días CC Los Rosales convertirase na sede das letras galegas dirixidas aos máis pequenos con este evento, no que tamén colabora o Consorcio Editorial Galego e que se enmarca dentro das actividades vinculadas arredor do día do libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario