Un vecino, afiliado al sindicato CIG, nos manda el siguiente correo que le mandaron a él y que cree importante para todos los vecinos. Gracias.
A partires do 7 de xaneiro poderase solicitar na Axencia
Tributaria a dedución no IRPF actualmente en vigor para quen teña ao seu
cargo menores de 3 anos, por parte das familias numerosas e/ou con
diversidade funcional
A solicitude poderase presentar por internet ou teléfono, a
partir do 7 de xaneiro e presencialmente dende o 3 de febreiro, en
calquera oficina da Axencia Tributaria, logo de formalización na web da
Axencia, impresión e sinatura por parte das persoas solicitantes.
O modelo de solicitude poderase presentar por internet na web da Axencia Tributaria (www.agenciatributaria.es)
mediante 'Cl@ve', 'PIN 24 horas', DNI electrónico ou certificado
dixital. Ao final da carta remitida ás persoas beneficiarias recóllese o
Código Seguro de Verificación (CSV) requirido para as novas altas en
Cl@ve daquelas persoas beneficiarias que non estean rexistradas no PIN
24 horas. A solicitude tamén se poderá formalizar a partir desa data por
teléfono chamando ao 901 200 345.
A solicitude do pagamento anticipado poderase realizar de
xeito colectivo ou individual mediante a presentación dun novo modelo, o
143, por cada unha das deducións, acumulables entre si, ás que as
persoas beneficiarias teñan dereito (100 euros mensuais por familia
numerosa e por cada descendente e ascendente con discapacidade; 200
euros no caso de familias numerosas de categoría especial).
As deducións, que poderán alcanzar os 1.200 euros anuais por cada
descendente ou ascendente con discapacidade e por familia numerosa, e
os 2.400 euros no caso de familias numerosas de categoría especial,
calcularanse de forma proporcional ao número de meses en que se cumpran
os requisitos.
Os requisitos son dous:
- realizar unha actividade pola que se cotice á Seguridade Social ou mutualidade alternativa;
- ter dereito á aplicación do mínimo
por descendente ou ascendente con discapacidade, ou ser ascendente ou
irmán/á orfo/a de pai e nai formando parte dunha familia numerosa.
O límite para cada unha das deducións serán as cotizacións e
cotas totais á Seguridade Social e/ou mutualidades devindicadas en cada
período impositivo. Se se tivese dereito á dedución por contar con
varios ascendentes e/ou descendentes con discapacidade, o límite
aplicarase de forma independente respecto de cada un deles.
As deducións incluiranse na declaración anual de IRPF do 2015, a
presentar en 2016, onde se regularizarán as cantidades que se tivesen
percibido como aboamento anticipado.
Cando existan varias persoas beneficiarias dunha mesma dedución, o
aboamento anticipado solicitarase de xeito colectivo ou individual,
elección que se poderá modificar para as distintas deducións en xaneiro
de cada ano.
No caso da solicitude colectiva, deberán subscribir a solicitude
todas as persoas solicitantes que puidesen ter dereito á dedución. Quen
figure como primeira solicitante deberá cumprir os requisitos para o
aboamento da dedución no momento en que se presente a solicitude e será
quen reciba a transferencia bancaria mensual. Se as persoas
beneficiarias optan, en cambio, pola solicitude individual, o importe da
dedución dividirase entre as distintas persoas solicitantes por partes
iguais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comentario:
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.