
Este sábado día 29 dende ás 12 da mañá ata as 8 da tarde na Praza Elíptica terá lugar a CHURRASCOUT coa que queremos dar comezo a esta nova xeira.
Ademais de churrasco, haberá hinchables, música, actuación do grupo de capoeira Iandê, actividades para rapaces e moitas cousas coas que disfrutar da festa!
Os prezos son os seguintes:
- Ración de Churrasco + medio criollo + pan: 4€
- Bebidas (Auga, Refrescos, Estrella Galicia, etc...): 1€
- Hinchables: 1€
- Cadeliños Quentes: 1€
Tamén haberá un posto de información para todo aquel que queira coñecer as nosas actividades e formar parte do noso grupo Scout!
E por último, a xente que veña a comer connosco, con cada ración de churrasco unha papeleta para un sorteo ás 7 da tarde dun BALÓN ASINADO POR TÓDOLOS XOGADORES DO DEPOR!!
Asi que xa sabedes, OS ESPERAMOS!
Un grupo de jovenes comprometidos que estoy seguro saben hacer las cosas bien. Yo iré con mis hijos
ResponderEliminar